MENTRES APRENDEMOS E MEDRAMOS, AS NOSAS MASCOTAS COIDAMOS

xoves, 9 de xuño de 2016

XOVES.... ALBARICOQUE !!!!!

Os alumnos de 5 anos B foron os encargados de elaborar os paneis informativos sobre o albaricoque.
















Albaricoque editado para o bloq - Kizoa Editar Videos - Movie Maker

martes, 7 de xuño de 2016

GUSTÓMETRO!!!

Unha vez máis valoramos a semana da froita botando por aquela que máis nos gustou, este foi o resultado:






domingo, 5 de xuño de 2016

XOGAMOS COAS ÁRBORES FROITEIRAS

Os nenos de 4 anos B elaboramos un xogo coas árbores froiteiras, tirando os dados tiñamos que encher as árbores coas suas froitas correspondentes....Pasámolo moi ben !!

Picha no enlace e verás o ben que o fixemos!http://www.kizoa.es/Editar-Videos-Movie-Maker/d48280244k4994042o1l1/rbores-froiteiras

mércores, 1 de xuño de 2016

MÉRCORES... NECTARINA!

Desta vez foi o curso de 5 anos A os encargados de investigar e elaborar o cartel informativo sobre a nectarina.

Gustounos moito!


martes, 31 de maio de 2016

A bailar coa froita!


O MARTES... SANDÍA

E seguimos coa froita...desta vez sandía! Unha froita moi refrescante!


COMEZAMOS A SEMANA CO MELÓN

O luns tocounos saborear esta froita tan doce.

As nenas e nenos de 3 anos A investigamos as principais características do melón e plasmámolo nestes carteis.


Pinchando aquí podedes ver que ben o pasamos degustando esta froita.

XOGANDO COAS FROITAS

Nas clases de informática coas mestras Natalia e Irene tamén aproveitamos para traballar as froitas. Mediante diferentes actividades no ordenador e na pizarra dixital, estivemos aprendendo un montón de cousas acerca dos beneficios e das características destes alimentos. Pasámolo xenial! Aquí tedes unha mostra.


luns, 30 de maio de 2016

AS ÁRBORES FROITEIRAS

Con motivo do proxecto do Equipo de Normalización "As árbores do contorno", o alumnado de infantil investigamos sobre as árbores froiteiras e elaboramos estos traballos:


xoves, 26 de maio de 2016

3ª SEMANA DA FROITA

A vindeira semana realizaremos a terceira e última semana da froita deste curso 2015-2016 con froita de tempada.

xoves, 28 de abril de 2016

Plan consumo froita e verdura en escolas. Enquisa.

Na páxina web do Ministerio de agricultura, alimentación e medioambiente, no apartado de  "Plan de consumo de froita e verduras na escola" atoparedes un breve cuestionario sobre o hábito de consumo de froitas e verduras.
Pincha na imaxe e xa accedes á enquisa.

http://www.alimentacion.es/gl/plan_de_consumo_de_frutas_en_las_escuelas/encuestas/encuesta_padres.aspx

xoves, 14 de abril de 2016

AS FROITAS EN LINGUA DE SIGNOS

Onte, Óscar, o mestre especialista en audición e linguaxe, foi ás aulas de 5 anos para ensinarnos o que é a "lingua de signos". Ademais de mestre de audición e linguaxe, Óscar é intérprete de lingua de signos, traballo que desempeñou durante varios anos.
Nun primeiro momento explicounos en qué consistía o seu traballo así como as dificultades que teñen algunhas persoas para comunicarse porque ou non poden oir, falar ou ambas cousas.
Aproveitando que estamos co tema da froita, os signos que nos ensinou foron os de un montón de froitas: pera, plátano, mazá, cereixas, melocotón, uvas, fresa...
Foi unha experiencia que nos gustou a todos e esperamos unha próxima visita do mestre para ensinarnos algún que outro signo máis.

domingo, 27 de marzo de 2016

domingo, 20 de marzo de 2016

GUSTÓMETRO 
2ª SEMANA DA FROITA

Durante a semana do 7 ao 11 de marzo probamos cinco froitas distintas: plátano, pera, mazá, fresas e laranxa. Unha vez máis os nenos e nenas de 4 anos B quixemos facer un gustómetro!!!











Cada un pegou un gomet na froita que maís lle gustou.... e finalmente esta vez non houbo dúbida.... o PLÁTANO foi a  nosa froita preferida!!!!!




xoves, 17 de marzo de 2016

Día da Árbore

En conmemoración ao o día mundial da árbore, dende o equipo de Normalización do colexio CEIP Campomaior, organizouse unha actividade que consiste na elaboración duns marcapáxinas cunhas poesías ou debuxos sobre esa temática.

Estes marcapáxinas colgaranse polas árbores da vila ao longo desta semanana.


Pasado o día da conmemoración (21 de marzo), quen o desexe, poderá levar un dos marcapáxinas para a súa casa. Lembrade que somos moitos e que a todos nos gustaría levar algún…


                                                                                                                                    




mércores, 16 de marzo de 2016

O VENRES ... LARANXA!!

O VENRES ... LARANXA!!



O último día da semana tocounos degustar esta froita tan sabrosa...mmmm





Con toda a froita que sobrou ao longo da semana, o venres preparamos un montón de cousas: macedonia, batidos, brochetas, zumes.... E todo estaba riquííííííisimoooo... 

Pincha no seguinte enlace e verás como nos divertimos!!!

http://www.kizoa.es/Editar-Videos-Movie-Maker/d36610276k3870535o1l1/laranxa

luns, 14 de marzo de 2016

Xoves...FRESA

O xoves degustamos a FRESA, ¿a quen non lle gusta? Co rica que está...Mummmmm!!!!
Aprendemos sobre a fresa e os seus beneficios.

Aquí podedes ver todo o que fixemos este día:
FRESA - Kizoa Editar Videos - Movie Maker

mércores, 9 de marzo de 2016

MÉRCORES... MAZÁ !

Hoxe mercores, dentro do programa froita na escola, o alumnado de 5 anos B foi o encargado de presentar aos compañeiros os paneis informativos sobre a mazá.
Contamos coa colaboración das familias que aportaron información de todo tipo sobre as mazás.








Tamén degustamos postres realizados con mazás:





Neste video podedes ver a todo o alumnado de E.I. merendando as mazás:


martes, 8 de marzo de 2016

MARTES...PERA!


Hoxe volveu a ser o alumnado de 5 anos A o encargado de investigar sobre a pera.
Como sempre, a información aportada pola familia e os traballos de investigación que realizaron previamente na casa, serven para dar a coñecer aos compañeiros e compañeiras esta froita e elaborar o panel informativoque está colocado na entrada do colexio.







Con esta ficha, recollemos as súas características.

Para rematar unha canción e un vídeo do que foi a xornada de froita con estas riquísimas peras!




luns, 7 de marzo de 2016

LUNS...PLÁTANO!


Comezamos a segunda semana de Froita na Escola co plátano! Nesta ocasión foi o alumnado de 3 anos B o encargado de realizar o panel informativo.




Así de bo estaba!

CON CORPO DE FROITA!

Así están os percheiros do alumnado de 5 anos A, creatividade con corpo de froita!