Nun primeiro momento explicounos en qué consistía o seu traballo así como as dificultades que teñen algunhas persoas para comunicarse porque ou non poden oir, falar ou ambas cousas.
Aproveitando que estamos co tema da froita, os signos que nos ensinou foron os de un montón de froitas: pera, plátano, mazá, cereixas, melocotón, uvas, fresa...
Foi unha experiencia que nos gustou a todos e esperamos unha próxima visita do mestre para ensinarnos algún que outro signo máis.
Ningún comentario:
Publicar un comentario