MENTRES APRENDEMOS E MEDRAMOS, AS NOSAS MASCOTAS COIDAMOS

martes, 31 de maio de 2016

A bailar coa froita!


O MARTES... SANDÍA

E seguimos coa froita...desta vez sandía! Unha froita moi refrescante!


COMEZAMOS A SEMANA CO MELÓN

O luns tocounos saborear esta froita tan doce.

As nenas e nenos de 3 anos A investigamos as principais características do melón e plasmámolo nestes carteis.


Pinchando aquí podedes ver que ben o pasamos degustando esta froita.

XOGANDO COAS FROITAS

Nas clases de informática coas mestras Natalia e Irene tamén aproveitamos para traballar as froitas. Mediante diferentes actividades no ordenador e na pizarra dixital, estivemos aprendendo un montón de cousas acerca dos beneficios e das características destes alimentos. Pasámolo xenial! Aquí tedes unha mostra.


luns, 30 de maio de 2016

AS ÁRBORES FROITEIRAS

Con motivo do proxecto do Equipo de Normalización "As árbores do contorno", o alumnado de infantil investigamos sobre as árbores froiteiras e elaboramos estos traballos:


xoves, 26 de maio de 2016

3ª SEMANA DA FROITA

A vindeira semana realizaremos a terceira e última semana da froita deste curso 2015-2016 con froita de tempada.