MENTRES APRENDEMOS E MEDRAMOS, AS NOSAS MASCOTAS COIDAMOS

xoves, 28 de abril de 2016

Plan consumo froita e verdura en escolas. Enquisa.

Na páxina web do Ministerio de agricultura, alimentación e medioambiente, no apartado de  "Plan de consumo de froita e verduras na escola" atoparedes un breve cuestionario sobre o hábito de consumo de froitas e verduras.
Pincha na imaxe e xa accedes á enquisa.

http://www.alimentacion.es/gl/plan_de_consumo_de_frutas_en_las_escuelas/encuestas/encuesta_padres.aspx

xoves, 14 de abril de 2016

AS FROITAS EN LINGUA DE SIGNOS

Onte, Óscar, o mestre especialista en audición e linguaxe, foi ás aulas de 5 anos para ensinarnos o que é a "lingua de signos". Ademais de mestre de audición e linguaxe, Óscar é intérprete de lingua de signos, traballo que desempeñou durante varios anos.
Nun primeiro momento explicounos en qué consistía o seu traballo así como as dificultades que teñen algunhas persoas para comunicarse porque ou non poden oir, falar ou ambas cousas.
Aproveitando que estamos co tema da froita, os signos que nos ensinou foron os de un montón de froitas: pera, plátano, mazá, cereixas, melocotón, uvas, fresa...
Foi unha experiencia que nos gustou a todos e esperamos unha próxima visita do mestre para ensinarnos algún que outro signo máis.