MENTRES APRENDEMOS E MEDRAMOS, AS NOSAS MASCOTAS COIDAMOS

martes, 26 de xaneiro de 2016

GUSTÓMETRO!!!


Na aula de 4 anos B fixemos un gustómetro sobre as froitas que probamos ao longo da semana: Uvas, Kiwi, Piña, Mandarina e Granada.

 Esta actividade consistía en votar cal foi a froita que máis nos gustou...











Ainda que todas as froitas estaban moi ricas, despois de facer o reconto as que máis nos gustaron foron.... as UVAS e a MANDARINA.....mmmmm
PASÁMOLO XENIAL!!!!

domingo, 24 de xaneiro de 2016

SAMAÍN

O pasado mes de novembro celebramos o Samaín elaborando unhas receitas de medo! Cada aula elaborou unha e logo xuntámonos todo o alumnado de infantil para degustalas.





E REMATAMOS A SEMANA DEGUSTANDO A GRANADA!

Para rematar esta semana de Froita na Escola, o venres tocou granada.
O alumnado de 3 anos A foi o encargado de elaborar o cartel informativo sobre as principais características desta froita e os beneficios para a saúde.



Nas aulas degustámola de diferentes maneiras: uns fixemos macedonia, outros batido... Estaba riquísima!
Pinchando aquí podedes ver algunhas fotos.

Ademais, tamén fixemos outras actividades relacionadas coa granada:



xoves, 21 de xaneiro de 2016

O XOVES... MANDARINA!

Os nenos e nenas de 4 anos B tocounos investigar sobre a MANDARINA!!!
Pulsa aquí para ver que ben o pasamos degustando esta froita tan sabrosa!!!.... mmmm



mércores, 20 de xaneiro de 2016

O MÉRCORES...PIÑA!

A terceira froita da semana foi a PIÑA.

Nesta ocasión foi a clase de 4 anos A a encargada de elaborar a información sobre a PIÑA:


Aprendemos os beneficios da PIÑA: 


Aprendemos un montón de cousas interesantes:

         


Despois de vela, tocala e olela, tocou o mellor, comela.. MUMMMMM!!!!!!

martes, 19 de xaneiro de 2016

O MARTES...KIWI!

A segunda froita que poidemos degustar esta semana foi o kiwi.
Desta vez foi o alumnado de 5 anos B os que nos facilitou a información sobre esta froita.


Despois de investigar, elaboraron os murais que puxeron na entrada do colexio.



O kiwi foi todo un éxito!


O LUNS....UVAS!

Comezamos a semana da froita con unha froita ben saborosa, as uvas!
O alumnado de 5 anos A foi o encargado de investigar de onde procedía, como era a súa folla, o froito e sobre todo, para que é bo comer esta froita.




Logo, para que todos soubesen esta información, elaboraron uns murais e os colocaron na entrada do colexio.


Pero o máis importante foi probar o seu sabor. Para algúns/as era a primeira vez!


xoves, 14 de xaneiro de 2016