MENTRES APRENDEMOS E MEDRAMOS, AS NOSAS MASCOTAS COIDAMOS

domingo, 27 de marzo de 2016

domingo, 20 de marzo de 2016

GUSTÓMETRO 
2ª SEMANA DA FROITA

Durante a semana do 7 ao 11 de marzo probamos cinco froitas distintas: plátano, pera, mazá, fresas e laranxa. Unha vez máis os nenos e nenas de 4 anos B quixemos facer un gustómetro!!!











Cada un pegou un gomet na froita que maís lle gustou.... e finalmente esta vez non houbo dúbida.... o PLÁTANO foi a  nosa froita preferida!!!!!




xoves, 17 de marzo de 2016

Día da Árbore

En conmemoración ao o día mundial da árbore, dende o equipo de Normalización do colexio CEIP Campomaior, organizouse unha actividade que consiste na elaboración duns marcapáxinas cunhas poesías ou debuxos sobre esa temática.

Estes marcapáxinas colgaranse polas árbores da vila ao longo desta semanana.


Pasado o día da conmemoración (21 de marzo), quen o desexe, poderá levar un dos marcapáxinas para a súa casa. Lembrade que somos moitos e que a todos nos gustaría levar algún…


                                                                                                                                    




mércores, 16 de marzo de 2016

O VENRES ... LARANXA!!

O VENRES ... LARANXA!!



O último día da semana tocounos degustar esta froita tan sabrosa...mmmm





Con toda a froita que sobrou ao longo da semana, o venres preparamos un montón de cousas: macedonia, batidos, brochetas, zumes.... E todo estaba riquííííííisimoooo... 

Pincha no seguinte enlace e verás como nos divertimos!!!

http://www.kizoa.es/Editar-Videos-Movie-Maker/d36610276k3870535o1l1/laranxa

luns, 14 de marzo de 2016

Xoves...FRESA

O xoves degustamos a FRESA, ¿a quen non lle gusta? Co rica que está...Mummmmm!!!!
Aprendemos sobre a fresa e os seus beneficios.

Aquí podedes ver todo o que fixemos este día:
FRESA - Kizoa Editar Videos - Movie Maker

mércores, 9 de marzo de 2016

MÉRCORES... MAZÁ !

Hoxe mercores, dentro do programa froita na escola, o alumnado de 5 anos B foi o encargado de presentar aos compañeiros os paneis informativos sobre a mazá.
Contamos coa colaboración das familias que aportaron información de todo tipo sobre as mazás.








Tamén degustamos postres realizados con mazás:





Neste video podedes ver a todo o alumnado de E.I. merendando as mazás:


martes, 8 de marzo de 2016

MARTES...PERA!


Hoxe volveu a ser o alumnado de 5 anos A o encargado de investigar sobre a pera.
Como sempre, a información aportada pola familia e os traballos de investigación que realizaron previamente na casa, serven para dar a coñecer aos compañeiros e compañeiras esta froita e elaborar o panel informativoque está colocado na entrada do colexio.







Con esta ficha, recollemos as súas características.

Para rematar unha canción e un vídeo do que foi a xornada de froita con estas riquísimas peras!




luns, 7 de marzo de 2016

LUNS...PLÁTANO!


Comezamos a segunda semana de Froita na Escola co plátano! Nesta ocasión foi o alumnado de 3 anos B o encargado de realizar o panel informativo.




Así de bo estaba!

CON CORPO DE FROITA!

Así están os percheiros do alumnado de 5 anos A, creatividade con corpo de froita!