MENTRES APRENDEMOS E MEDRAMOS, AS NOSAS MASCOTAS COIDAMOS

xoves, 17 de marzo de 2016

Día da Árbore

En conmemoración ao o día mundial da árbore, dende o equipo de Normalización do colexio CEIP Campomaior, organizouse unha actividade que consiste na elaboración duns marcapáxinas cunhas poesías ou debuxos sobre esa temática.

Estes marcapáxinas colgaranse polas árbores da vila ao longo desta semanana.


Pasado o día da conmemoración (21 de marzo), quen o desexe, poderá levar un dos marcapáxinas para a súa casa. Lembrade que somos moitos e que a todos nos gustaría levar algún…


                                                                                                                                    




Ningún comentario:

Publicar un comentario