MENTRES APRENDEMOS E MEDRAMOS, AS NOSAS MASCOTAS COIDAMOS

luns, 13 de maio de 2019

PLAN PROXECTA 2019 "MOBILIDADE SOSTIBLE E SEGURA"



VOU Ó COLE CON TINO

O alumnado de Educación Infantil durante o curso 2018-2019
está inmerso no Plan Proxecta, dentro do programa "Mobilidade
sostible e segura".

Os Obxectivos específicos do Programa son:
-Para o alumnado:

      *Mellorar as condutas e comportamentos viarios.
      *Adquirir hábitos viarios ambientalmente recomendables.
      *Analizar de xeito crítico o ámbito en que se move.
      *Favorecer a convivencia e promover o cambio de hábitos.
-Para o profesorado:
      *Incentivar a acción directa e a participación social do alumnado.
-Para a comunidade educativa:
      *Involucrarse na cooperación da mellora da seguridade viaria.
      *Implicar os distintos axentes sociais no cambio da mobilidade
no perímetro escolar.


Pretendemos que no Proxecto se involucre toda a comunidade
educativa: alumnos/as, profesores/as, familias, entorno próximo
(Concello) e expertos externos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario