MENTRES APRENDEMOS E MEDRAMOS, AS NOSAS MASCOTAS COIDAMOS

domingo, 24 de xaneiro de 2016

E REMATAMOS A SEMANA DEGUSTANDO A GRANADA!

Para rematar esta semana de Froita na Escola, o venres tocou granada.
O alumnado de 3 anos A foi o encargado de elaborar o cartel informativo sobre as principais características desta froita e os beneficios para a saúde.



Nas aulas degustámola de diferentes maneiras: uns fixemos macedonia, outros batido... Estaba riquísima!
Pinchando aquí podedes ver algunhas fotos.

Ademais, tamén fixemos outras actividades relacionadas coa granada:



Ningún comentario:

Publicar un comentario