MENTRES APRENDEMOS E MEDRAMOS, AS NOSAS MASCOTAS COIDAMOS

mércores, 3 de xuño de 2015

A contaminación

O alumnado de 4 anos realizou un experimento para comprobar como quedaria un río se tirasemos o lixo nel.
Para iso empregaron dúas peceiras. Unha delas servíulles como mostra da auga do río (limpa) e outra con auga tamén pero na cal foron depositando diferente lixo das merendas de mediamañá (papeis, restos de comida, plásticos...)
Despois de 5 dias consecutivos tirando lixo á peceira, puideron ver a cor da auga e o mal cheiro da peceira contaminada.


Relacionado con isto, o pasado luns día 1, recibimos a visita de Rocío, nai dunha das alumnas de 4 anos. Rocío traballa en SOGAMA, en Cerceda, polo que coñece de preto, como podemos evitar a contaminación dos ríos e, en xeral, do medio ambiente.
Comezou explicando con diversas fotografías, as consecuencias da contaminación das augas. Como isto se pode evitar, indicounos cómo podemos contribuir nesta labor: reducir, reutilizar e reciclar.
Moitas grazas de novo a Rocío por ensinarnos tantas cousas e, como non, agradecer a SOGAMA polos obsequios cos que agasallou aos nenos e nenas deste curso.



2 comentarios:

  1. " Bos días a todos! son Carmela a mamá de Sabela e vendo o esforzo que están facendo as profes creando este blog voume a animar a contarvos algo:

    Un día de estos fun andando con Sabela, Nuria e Mariña dendo o inicio do paseo ata o "parque dos patos" como todos o chamamos e quedei sorprendida vendo como elas, emocionadísimas, me iban decindo, e todo hai que decilo, ensinándome, o nome de varias plantas:

    - !esas plantas acuáticas chámanse lentellas!

    - aquelas chámanse berros e esa pe de boi e queremos collela que é moi bonita...

    Así é como as/os nais/pais imos aprendendo cousas novas dos nosos peques de 4 ou 5 anos.

    Pero o que máis me gustou de todo e me emocionou foi ver como un día de estos cando estaban xogando Unai, Sabela , Iker e e outras dúas nenas da clase de Beverly se dedicaron a recoller varios papeis que había tirados arredor do río e no mesmo río pescándoos con paus e como nos decían que eso non estaba nada ben e que había que tiralos á papeleira.

    Eu creo que é importantísimo que dende a escola se lles ensine aos nenos/as dende pequenos a cuidar e a repetar o medio ambiente porque é a maneira de que sexan conscientes dos perigos que conleva non cuidar a saúde do noso planeta. Tamén creo que a labor dos pais/nais é esencial ensinándolles o que poden facer e predicando co exemplo (reciclando o lixo nas nosas casas, apagando as luces cando non se estean usando, non tirando lixo ao chan, rios....concienciándoos do dano que ocasionan os incendios...) de maneira que @s nen@s dende pequenos adopten unha actitude respetuosa co medio ambiente e a que se dean conta de que eles poden contribuir a mellorar a súa calidadade de vida no futuro e a saúde do noso planeta.

    Moitas gracias as profes que traballan tan duro e que están facendo unha labor tan importante de concienciación medio ambiental cos nosos fill@s.

    Saúdos a tódolos nen@, mamás/papás e demáis seguidores deste blog."

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Grazas a vós Carmela. A implicación da familia é un factor moi importante nesta labor de conciencia do medio ambiente. Entre todos, intentaremos que nenos e nenas aprendan a valorar todo o que nos rodea, así como contribuír na súa conservación.
      Un saúdo e moitas grazas por comentar e seguir o blog.

      Eliminar