MENTRES APRENDEMOS E MEDRAMOS, AS NOSAS MASCOTAS COIDAMOS

martes, 25 de xuño de 2019

TRABALLO DE AULA: 5 ANOS A


1. COÑECEMOS O CAMIÑO SEGURO

En primeiro lugar, co grupo aula observamos o rueiro de Ordes, e sinalado o traxecto que iamos facer camiñando, observamos a traxectoria e os sitios polos que tiñamos que pasar. Algúns nenos/as manifestaban se vivían preto ou non dalgún dos sitios que viamos, ou outros establecementos que había preto do camiño que estaba debuxado. Deseguido, nun folio branco o alumnado intentou plasmar o mesmo traxecto e os puntos de referencia que vimos no plano (a casa do Concello, unha rotonda, as piscinas…)








2. XOGAMOS COAS SINAIS DE TRÁFICO

Con pequenos grupos, revisamos algunhas sinais de tráfico que podíamos atopar pola rúa; unha vez recoñecidas, simulamos varios papeis (coches, peóns, gardas…). O alumnado tiña que realizar un percorrido respectando as sinais e facendo preguntas sobre que atopariamos despois de ver algunha das sinais (por exemplo, que deberíamos atopar despois dunha sinal de paso de peóns)





3. ANALIZAMOS O CAMIÑO ESCOLAR

Tras ir á andaina polo traxecto que previamente vimos no plano, votouse na aula cal era a nosa opinión sobre o camiño escolar (moi seguro, nada seguro, ou mellorable). Xa que case ninguén o considerou moi seguro, puxémonos de acordo naquelas cousas que vimos ao longo do traxecto e que estaban deterioradas ou que habería que mellorar, e anotámolo na pizarra



Ningún comentario:

Publicar un comentario