Despois de todo o traballo feito durante o curso escolar 2018-2019 temos que constatar que as rutas escolares propostas non son seguras.
Pero o positivo é que parece que todo vai por bo camiño posto que os axentes da Policía Local tamén recolleron incidencias nas nosas saídas, e representantes da ANPA involucráronse para axudarnos a elaborar estas "Rutas escolares seguras".
Esperamos poder seguir co Proxecto para o vindeiro curso e así poder facer realidade dúas RUTAS ESCOLARES SEGURAS para o noso Colexio, o CEIP CAMPOMAIOR.
Infantil Campomaior
Este é o blogue do ciclo de Educación Infantil do colexio Campomaior de Ordes. Dende aquí pretendemos recoller todas aquelas actividades realizadas tanto en proxectos conxuntos, como os levados a cabo nas distintas aulas. Este curso 2016-2017 a coordinación entre as aulas de infantil levarase a cabo, entre outras, coa participación de todo o ciclo no Plan Proxecta no programa "Protexe os Animais" Esperamos que vos gusten!
MENTRES APRENDEMOS E MEDRAMOS, AS NOSAS MASCOTAS COIDAMOS
mércores, 26 de xuño de 2019
martes, 25 de xuño de 2019
RUTA ESCOLAR SEGURA
Despois de realizar a pé por todo o alumnado de infantil do CEIP CAMPOMAIOR as dúas RUTAS ESCOLARES "SEGURAS" debemos constatar que non son moi seguras posto que:
- O adoquinado das beirarrúas está levantado ou en mal estado.
A rúa Alfonso Senra ten a beirarúa levantada e incluso hai ocos perigosos onde o alumnado pode introducir un pé.
O memo acontece na rúa do Recreo:
- Hai pasos estreitos.
- Hai moitos postes da luz no medio da beirarrúa.
- É habitual encontrar coches estacionados enriba da beirarrúa.
- Existe unha zona sen paso de peóns na rúa Mirón.
- Os pasos de peóns necesitan unha man de pintura.
- Na rúa Campomaior un dos pasos de peóns lévanos ó arcén de apenas medio metro.
-O paso de peóns que está diante do Colexio non ten desnivel para subir con sillas ou carritos.
- Non existe a sinal de zona escolar.
TRABALLO DE AULA: 5 ANOS B
Algunhas das actividades realizadas polo alumnado de 5 anos B na aula foron:
- Ubicación
no mapa do Concello e a parroquia na que se ubican as nosas vivendas.
- Elaboración
do percorrido dende a nosa vivenda ata o Colexio empregando o Google Maps e
identificando no plano as zonas de estradas, edificacións…
- Comparativa dos percorridos para saber quen percorre máis ou menos distancia dende a súa casa ata o Colexio.
- Coñecemento dos sinais de tráfico máis frecuentes e importantes tanto como peóns como condutores dun vehículo (coche, bicicleta…).
- Creación de maquetas dun pobo empregando pezas de construción e incorporando vehículos, peóns e sinais de tráfico.
- Discriminación de condutas correctas e incorrectas como usuarios da vía pública a través da valoración de accións en láminas.
TRABALLO DE AULA: 5 ANOS A
1.
COÑECEMOS O CAMIÑO SEGURO
En primeiro lugar, co
grupo aula observamos o rueiro de Ordes, e sinalado o traxecto que iamos facer
camiñando, observamos a traxectoria e os sitios polos que tiñamos que pasar.
Algúns nenos/as manifestaban se vivían preto ou non dalgún dos sitios que
viamos, ou outros establecementos que había preto do camiño que estaba
debuxado. Deseguido, nun folio branco o alumnado intentou plasmar o mesmo
traxecto e os puntos de referencia que vimos no plano (a casa do Concello, unha rotonda, as piscinas…)
2.
XOGAMOS COAS SINAIS DE TRÁFICO
Con pequenos grupos, revisamos algunhas sinais de tráfico
que podíamos atopar pola rúa; unha vez recoñecidas, simulamos varios papeis
(coches, peóns, gardas…). O alumnado tiña que realizar un percorrido
respectando as sinais e facendo preguntas sobre que atopariamos despois de ver
algunha das sinais (por exemplo, que deberíamos atopar despois dunha sinal de
paso de peóns)
3.
ANALIZAMOS O CAMIÑO ESCOLAR
Tras ir á andaina polo
traxecto que previamente vimos no plano, votouse na aula cal era a nosa opinión
sobre o camiño escolar (moi seguro, nada seguro, ou mellorable). Xa que case
ninguén o considerou moi seguro, puxémonos de acordo naquelas cousas que vimos
ao longo do traxecto e que estaban deterioradas ou que habería que mellorar, e
anotámolo na pizarra
TRABALLO DE AULA: 4 ANOS B
Na aula de 4 anos B desenvolvimos
varias actividades en relación o Plan Proxecta , fixemos posta en
común do que sabiamos sobre a temática sobre todo do que eles
entendían como camiño seguro que debía recoller unha serie de
requisitos.
Unha vez explicado conceptos e normas
básicas sobre seguridade vial pasamos a plasmar o aprendido en
varias actividades impresas.
Unha vez traballado esta parte pasamos
a traballar a saída que tiñamos prevista para recoller información
de se realmente podiamos ter un camiño seguro que nos levase ao noso
cole, para elo fixemos na aula varios simulacros do camiño que iamos
realizar dramatizando diferentes situacións que podiamos atopar na
rúa.
Tamén en concordancia con esta
preparación á saída usamos o Beebot co taboleiro do Rueiro de Ordes
onde fomos recorrendo varias localizacións do noso pobo para trazar
o recorrido que posteriormente iamos a realizar a pé na nosa saída.
E tamén a través das TICS continuamos
traballando conceptos Básicos sobre a Educación Vial e a
Seguridade Vial con distintos xogos interactivos.
E chegou o gran día, xa estabamos
preparados para a nosa ruta onde debiamos recoller toda a información
precisa para facer un Camiño Seguro, collemos o chaleco e saímos ás
rúas.
Na nosa saída recollimos un montón de
información que puxemos en común nunha Asamblea e posteriormente
plasmamos nun debuxo aquelo que nos habiamos atopado para facer a
nosa ruta dun Camiño Seguro que nos levase o noso cole onde non
podían faltar os nosos amigos os Policias Locais.
TRABALLO DE AULA: 4 ANOS A
Para
comezar a desenvolver o Plan Proxecta dentro da aula de 4 anos A do CEIP
Campomior, o primeiro que realizamos foi unha posta en común dos coñecementos
previos dos nenos e das nenas sobre o que entendía por camiño seguro.
Unha vez aclarado o concepto, puxémonos a investigar cal sería o camiño que nos tocaría realizar a nós e avaliar como camiño seguro ou non. Para iso collimos un mapa da vila, vimos a súa utilidade e identificamos direrentes puntos da vila.
Tras averiguar que o noso punto de
partida sería a rúa Mediodía e o noso punto de chegada o cole, vimos os
diferentes camiños que poderíamos realizar.
Unha vez visto o camiño que
íamos realizar e visto polas rúas que íamos pasar, fixemos cada un e cada unha
a propia representación a través dun debuxo da visión que tiñamos do camiño
reflexado no mapa. Aquí presentamos algún deles.
Outra
das actividades que tamén levamos a cabo é o coñecemento de diferentes sinais
de tráfico, o que nos axudou para poder realizar posteriormente a saída e
poder desplazarnos polas rúas sen dificultade.
A seguinte actividade que
realizamos foi unha saída por Ordes, dende a rúa Mediodía ata o CEIP
Campomaior, o obxectivo desta actividade
era coñecer si este era un camiño seguro. Puxemos o chaleco, e preparados para
sair.
Durante o percorrido fomos
analizando se había beirarrúas, pasos de peóns, barandillas…
Unha vez na aula analizamos
o camiño e vimos que había diferentes puntos que non eran seguros, xa que non
había beirarrúas.
TRABALLO DE AULA: 3 ANOS B
O alumnado de 3 anos B fixeron as seguintes actividades:
Actividades
previas:
-
Comezamos facendo un sondeo a nivel de aula dos nenos/as
que viñan en bus, andando ou en coche ó Colexio.
-
Fixemos unha “investigación previa” do que sabemos sobre a
seguridade vial (pasos de peóns, as beirarrúas…).
Actividades
principais:
-
Usamos o escornabot para traballar co taboleiro do Rueiro
de Ordes os principais lugares da vila e tamén para trazar con posteriormente a pé. Analizamos sobre o taboleiro
por xunto a qué sitios íamos a pasar e se a casa dos nenos/as da aula estaba
preto ou lonxe.
Actividades
de finalización:
-
Despois de facer a ruta, na aula analizamos por onde
pasamos (que sitios dos vistos no taboleiro vimos) e tamén por onde camiñamos,
se cruzamos algún paso de peóns, etc.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)