Este é o blogue do ciclo de Educación Infantil do colexio Campomaior de Ordes. Dende aquí pretendemos recoller todas aquelas actividades realizadas tanto en proxectos conxuntos, como os levados a cabo nas distintas aulas. Este curso 2016-2017 a coordinación entre as aulas de infantil levarase a cabo, entre outras, coa participación de todo o ciclo no Plan Proxecta no programa "Protexe os Animais" Esperamos que vos gusten!
MENTRES APRENDEMOS E MEDRAMOS, AS NOSAS MASCOTAS COIDAMOS
domingo, 27 de marzo de 2016
domingo, 20 de marzo de 2016
GUSTÓMETRO
2ª SEMANA DA FROITA
Durante a semana do 7 ao 11 de marzo probamos cinco froitas distintas: plátano, pera, mazá, fresas e laranxa. Unha vez máis os nenos e nenas de 4 anos B quixemos facer un gustómetro!!!
Cada un pegou un gomet na froita que maís lle gustou.... e finalmente esta vez non houbo dúbida.... o PLÁTANO foi a nosa froita preferida!!!!!
xoves, 17 de marzo de 2016
Día da Árbore
En conmemoración ao o día mundial da árbore, dende o equipo de
Normalización do colexio CEIP Campomaior, organizouse unha actividade que
consiste na elaboración duns marcapáxinas cunhas poesías ou debuxos sobre esa
temática.
Estes marcapáxinas colgaranse polas árbores da vila ao longo desta
semanana.
Pasado o día da conmemoración (21 de marzo), quen o desexe, poderá
levar un dos marcapáxinas para a súa casa. Lembrade que somos moitos e que a
todos nos gustaría levar algún…
mércores, 16 de marzo de 2016
O VENRES ... LARANXA!!
O VENRES ... LARANXA!!
O último día da semana tocounos degustar esta froita tan sabrosa...mmmm
Con toda a froita que sobrou ao longo da semana, o venres preparamos un montón de cousas: macedonia, batidos, brochetas, zumes.... E todo estaba riquííííííisimoooo...
Pincha no seguinte enlace e verás como nos divertimos!!!
http://www.kizoa.es/Editar-Videos-Movie-Maker/d36610276k3870535o1l1/laranxa
Con toda a froita que sobrou ao longo da semana, o venres preparamos un montón de cousas: macedonia, batidos, brochetas, zumes.... E todo estaba riquííííííisimoooo...
Pincha no seguinte enlace e verás como nos divertimos!!!
http://www.kizoa.es/Editar-Videos-Movie-Maker/d36610276k3870535o1l1/laranxa
luns, 14 de marzo de 2016
Xoves...FRESA
O xoves degustamos a FRESA, ¿a quen non lle gusta? Co rica que está...Mummmmm!!!!
Aprendemos sobre a fresa e os seus beneficios.
Aquí podedes ver todo o que fixemos este día:
FRESA - Kizoa Editar Videos - Movie Maker
Aprendemos sobre a fresa e os seus beneficios.
Aquí podedes ver todo o que fixemos este día:
FRESA - Kizoa Editar Videos - Movie Maker
mércores, 9 de marzo de 2016
MÉRCORES... MAZÁ !
Hoxe mercores, dentro do programa froita na escola, o alumnado de 5 anos B foi o encargado de presentar aos compañeiros os paneis informativos sobre a mazá.
Contamos coa colaboración das familias que aportaron información de todo tipo sobre as mazás.
Tamén degustamos postres realizados con mazás:
Neste video podedes ver a todo o alumnado de E.I. merendando as mazás:
martes, 8 de marzo de 2016
MARTES...PERA!
Hoxe volveu a ser o alumnado de 5 anos A o encargado de investigar sobre a pera.
Como sempre, a información aportada pola familia e os traballos de investigación que realizaron previamente na casa, serven para dar a coñecer aos compañeiros e compañeiras esta froita e elaborar o panel informativoque está colocado na entrada do colexio.
Con esta ficha, recollemos as súas características.
Para rematar unha canción e un vídeo do que foi a xornada de froita con estas riquísimas peras!
luns, 7 de marzo de 2016
LUNS...PLÁTANO!
Comezamos a segunda semana de Froita na Escola co plátano! Nesta ocasión foi o alumnado de 3 anos B o encargado de realizar o panel informativo.
Así de bo estaba!
CON CORPO DE FROITA!
Así están os percheiros do alumnado de 5 anos A, creatividade con corpo de froita!
xoves, 3 de marzo de 2016
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)