Este é o blogue do ciclo de Educación Infantil do colexio Campomaior de Ordes. Dende aquí pretendemos recoller todas aquelas actividades realizadas tanto en proxectos conxuntos, como os levados a cabo nas distintas aulas. Este curso 2016-2017 a coordinación entre as aulas de infantil levarase a cabo, entre outras, coa participación de todo o ciclo no Plan Proxecta no programa "Protexe os Animais" Esperamos que vos gusten!
MENTRES APRENDEMOS E MEDRAMOS, AS NOSAS MASCOTAS COIDAMOS
martes, 27 de xuño de 2017
venres, 23 de xuño de 2017
TRABALLOS DO PROXECTO "OS CANS" NAS AULAS DE 3 ANOS
Aquí vos deixamos unha mostra dos traballos que realizamos os nenos e nenas de 3 anos ao longo do 2º e 3º trimestre en relación co proxecto dos cans.
Agardamos que vos guste!
luns, 5 de xuño de 2017
domingo, 4 de xuño de 2017
VISITA Á ESCOLA MUNICIPAL DE MÚSICA
Gracias ao equipo da Escola Municipal de Música pola mañá tan didáctica e divertida que nos fixeron pasar. Estamos desexando volver!
xoves, 1 de xuño de 2017
Proxecto "Os cans" nas aulas de 3 anos
Nas aulas de 3 anos estivemos realizando as nosas portadas para encuadernar os traballos do proxecto "Os cans". Traballamos moito e quedáronnos chulísimas. Aquí tedes o resultado.
luns, 8 de maio de 2017
LIBRO DE MASCOTAS
luns, 17 de abril de 2017
ADOPTA
Cada aula de Educación Infantil apadriñou un can co obxectivo de atoparlle unha familia. Os cativos realizaron distintas actividades para difundir a situación de abandono de cada animal.
mércores, 29 de marzo de 2017
mércores, 22 de marzo de 2017
SEGUNDA OPORTUNIDADE. VISITA Á CANCEIRA DE ORDES
Fixemos unha interesante visita á canceira municipal de Ordes e alí a veterinaria explicounos moitas cousas, e a asociación Amigos da Canceira, presentounos aos nosos peludos apadriñados.
Pasámolo moi ben, e démonos conta de que eses peludiños deben saír de aí, ter unha familia...ADOPTADE!!!
Pasámolo moi ben, e démonos conta de que eses peludiños deben saír de aí, ter unha familia...ADOPTADE!!!
domingo, 19 de marzo de 2017
xoves, 16 de marzo de 2017
A PATRULLA CANINA
Nas aulas de 3 anos estamos aproveitando a motivación dos nenos/as polos personaxes da patrulla canina para introducir distintos contidos como as razas destes cans, os vehículos que empregan, as súas cores preferidas e os seus oficios.
martes, 14 de marzo de 2017
martes, 28 de febreiro de 2017
xoves, 23 de febreiro de 2017
domingo, 19 de febreiro de 2017
mércores, 15 de febreiro de 2017
domingo, 12 de febreiro de 2017
venres, 3 de febreiro de 2017
COMANDO CANCEIRA
Recibimos a visita da Asociación Amigos da Canceira de Ordes, que nos contaron un fermoso conto, que remata con sorpresa!!!!!! Atentos/as!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)