Despois de todo o traballo feito durante o curso escolar 2018-2019 temos que constatar que as rutas escolares propostas non son seguras.
Pero o positivo é que parece que todo vai por bo camiño posto que os axentes da Policía Local tamén recolleron incidencias nas nosas saídas, e representantes da ANPA involucráronse para axudarnos a elaborar estas "Rutas escolares seguras".
Esperamos poder seguir co Proxecto para o vindeiro curso e así poder facer realidade dúas RUTAS ESCOLARES SEGURAS para o noso Colexio, o CEIP CAMPOMAIOR.
Este é o blogue do ciclo de Educación Infantil do colexio Campomaior de Ordes. Dende aquí pretendemos recoller todas aquelas actividades realizadas tanto en proxectos conxuntos, como os levados a cabo nas distintas aulas. Este curso 2016-2017 a coordinación entre as aulas de infantil levarase a cabo, entre outras, coa participación de todo o ciclo no Plan Proxecta no programa "Protexe os Animais" Esperamos que vos gusten!
Ningún comentario:
Publicar un comentario