Para
comezar a desenvolver o Plan Proxecta dentro da aula de 4 anos A do CEIP
Campomior, o primeiro que realizamos foi unha posta en común dos coñecementos
previos dos nenos e das nenas sobre o que entendía por camiño seguro.
Unha vez aclarado o concepto, puxémonos a investigar cal sería o camiño que nos tocaría realizar a nós e avaliar como camiño seguro ou non. Para iso collimos un mapa da vila, vimos a súa utilidade e identificamos direrentes puntos da vila.
Tras averiguar que o noso punto de
partida sería a rúa Mediodía e o noso punto de chegada o cole, vimos os
diferentes camiños que poderíamos realizar.
Unha vez visto o camiño que
íamos realizar e visto polas rúas que íamos pasar, fixemos cada un e cada unha
a propia representación a través dun debuxo da visión que tiñamos do camiño
reflexado no mapa. Aquí presentamos algún deles.
Outra
das actividades que tamén levamos a cabo é o coñecemento de diferentes sinais
de tráfico, o que nos axudou para poder realizar posteriormente a saída e
poder desplazarnos polas rúas sen dificultade.
A seguinte actividade que
realizamos foi unha saída por Ordes, dende a rúa Mediodía ata o CEIP
Campomaior, o obxectivo desta actividade
era coñecer si este era un camiño seguro. Puxemos o chaleco, e preparados para
sair.
Durante o percorrido fomos
analizando se había beirarrúas, pasos de peóns, barandillas…
Unha vez na aula analizamos
o camiño e vimos que había diferentes puntos que non eran seguros, xa que non
había beirarrúas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario