Na aula de 4 anos B desenvolvimos
varias actividades en relación o Plan Proxecta , fixemos posta en
común do que sabiamos sobre a temática sobre todo do que eles
entendían como camiño seguro que debía recoller unha serie de
requisitos.
Unha vez explicado conceptos e normas
básicas sobre seguridade vial pasamos a plasmar o aprendido en
varias actividades impresas.
Unha vez traballado esta parte pasamos
a traballar a saída que tiñamos prevista para recoller información
de se realmente podiamos ter un camiño seguro que nos levase ao noso
cole, para elo fixemos na aula varios simulacros do camiño que iamos
realizar dramatizando diferentes situacións que podiamos atopar na
rúa.
Tamén en concordancia con esta
preparación á saída usamos o Beebot co taboleiro do Rueiro de Ordes
onde fomos recorrendo varias localizacións do noso pobo para trazar
o recorrido que posteriormente iamos a realizar a pé na nosa saída.
E tamén a través das TICS continuamos
traballando conceptos Básicos sobre a Educación Vial e a
Seguridade Vial con distintos xogos interactivos.
E chegou o gran día, xa estabamos
preparados para a nosa ruta onde debiamos recoller toda a información
precisa para facer un Camiño Seguro, collemos o chaleco e saímos ás
rúas.
Na nosa saída recollimos un montón de
información que puxemos en común nunha Asamblea e posteriormente
plasmamos nun debuxo aquelo que nos habiamos atopado para facer a
nosa ruta dun Camiño Seguro que nos levase o noso cole onde non
podían faltar os nosos amigos os Policias Locais.
Ningún comentario:
Publicar un comentario